Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Xoves, 07 de maio de 1998 Páx. 4.891

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

RESOLUCIÓN do 15 de abril de 1998, da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, pola que se anuncia concurso aberto para a contratación do servicio de limpieza na sede do Centro Galego de Arte Contemporánea.

1. Entidade adxudicadora: Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

a) Organismo: Dirección Xeral de Patrimonio Cultural.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xerencia do Centro Galego de Arte Contemporánea.

c) Enderezo: rúa Valle Inclán s/n, 15704 Santiago de Compostela. Teléfono: (981) 54 66 25. Fax: (981) 54 66 25.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: servicios.

b) Descrición do obxecto: servicio de limpeza na sede do Centro Galego de Arte Contemporánea.

3. Orzamento base de licitación:

a) Orzamento total: cinco millóns cincocentas vinte mil (5.520.000).

Anualidade 1998: tres millóns seiscientas oitenta mil (3.680.000).

Anualidade 1999: un millón oitocentas corenta mil (1.840.000).

a) Aplicación orzamentaria: 10.03.357A.227.00.

4. Prazo de execución:

Doce meses.

5. Fianzas:

Provisional: cento dez mil catrocentas (110.400 ptas.).

Definitiva: duascentas vinte mil oitocentas (220.800 ptas.).

6. Clasificación do contratista: non se exise.

7. Presentación de propostas:

a) Lugar: rexistro xeral da Consellería de Cultura e Comunicación Social, edificio San Caetano, bloque 3, 2º piso, 15711 Santiago de Compostela, das 9 ás 14 horas, de luns a venres.

b) Prazo: comezará o día seguinte ó da publicación do presente anuncio no DOG e terminará o vixésimo sexto día natural, ás catorce horas; se o último día fose inhábil prolongarase o prazo ata o día hábil seguinte.

c) Forma: os licitadores presentarán as súas propostas en tres sobres pechados e en cada un figurará o nome do licitador e o obxecto do contrato.

8. Documentación que presentarán os licitadores:

Os licitadores presentarán a documentación especificada no prego de cláusulas particulares.

9. Modelo de proposición:

O que figura como anexo no prego de cláusulas administrativas particulares e prescricións técnicas.

10. Pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas.

Tódolos interesados poderán consultalos na Xerencia do Centro Galego de Arte Contemporanea e na delegacións da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

11. Apertura de proposicións:

Terá lugar en acto público, na sala de xuntas da Consellería de Cultura, Comunicación Social e

Turismo ás 12 horas do décimo día seguinte ó da data de finalización do prazo de presentanción de ofertas polos interesados, se o último día fose inhábil prolongarase o prazo ata o día hábil seguinte.

12. Anuncios:

Os gasto orixinados pola publicación deste anuncio serán por conta do adxudicactario.

Santiago de Compostela, 15 de abril de 1998.

Ángel Sicart Giménez

Director xeral de Patrimonio Cultural

3431