Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Xoves, 07 de maio de 1998 Páx. 4.890

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

RESOLUCIÓN do 31 de marzo 1998, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación da resolución formulada no expediente sancionador de epizootias 111SA/97.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona que, con esta data, resolvín publica-la resolución do procedemento sancionador por infracción á Lei do 20 de decembro de 1952, sobre epizootias (BOE nº 358, do 23), e mais do seu regulamento do 4 de febreiro de 1955, modificado entre outros, por Real decreto 1665/1976, do 7 de maio, polo que se actualizan as sancións (BOE nº 174, do 21 de xuño), por non ser posible a súa notificación.

O importe da sanción farase efectivo en calquera entidade bancaria, na conta de recadación de multas e sancións da Xunta de Galicia nº 311-000-166/2 da Caixa de Aforros de Galicia na Coruña, oficina principal, no prazo de quince días hábiles, contados a partir do día seguinte ó de publicación desta notificación. Para efectualo deberá emprega-los impresos normalizados que lle serán facilitados nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de servicios múltiples, Monelos, A Coruña. Transcorrido o citado prazo procederase ó cobramento pola vía administrativa de constrinximento.

Non obstante o anterior, e de conformidade co previsto no artigo 114 e concordantes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de rexime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, cabe formular recurso ordinario perante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria no prazo dun mes, contado igualmente a partir do día seguinte ó da publicación desta notificación.

Transcorrido o prazo de interposición do recurso, sen que este se presente, esta resolución será firme para tódolos efectos regulamentarios.

A Coruña, 31 de marzo de 1998.

Rogelio del Valle Muñoz-Cobo

Delegado provincial da Coruña

ANEXO

Expediente: 111SA/97.

Denunciado: Pereira Iglesias, José.

DNI: 33.261.077

Último enderezo coñecido: Sar 56, 15702 Santiago de Compostela.

Feitos denunciados: atoparse no mercado de gando de Santiago de Compostela cun xato sen identificar.

Tipificación infracción Regulamento de epizootias: 224 do regulamento en relación co artigo 4.2º da Orde 4-4-1997.

Sanción proposta: 15.000 ptas.

4031