Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Xoves, 07 de maio de 1998 Páx. 4.887

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 15 de abril de 1998, da Dirección Xeral de Industria, pola que se autorizan as instalacións electromecánicas, se aproba o proxecto de execución e se recoñece a condición de instalación acollida ó réxime especial, do parque eólico denominado Corme G-3. (Expediente 1/1997).

Examinado o expediente instruído por instancia da empresa Desarrollos Eólicos, S.A., con enderezo para efectos de notificacións en Avda. de la Buhaira, 2, 41018 Sevilla, sobre autorización das instalacións do parque eólico denominado Corme G-3, esta direción xeral ten en conta os seguintes,

FEITOS:

Primeiro.- O 17 de febreiro de 1997, Tomás Andueza Gastesi, en nome e representación da empresa Desarrollos Eólicos S.A., presentou solicitude de autorización administrativa do parque eólico denominado Corme G-3, de acordo co previsto no artigo 10 do Decreto 205/1995, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia.

A citada solicitude someteuse á información pública para efectos de competencia, sendo publicada no Diario Oficial de Galicia, do 31 de marzo de 1997 e no BOE, do 1 de abril de 1997.

O 19 de maio de 1997, Tomás Andueza Gastesi presentou solicitude de autorización administrativa das instalacións, declaración de utilidade pública, aprobación do proxecto de execución e recoñecemento da condición de instalación acollida ó réxime especial do citado parque eólico, presentando a documentación establecida para o efecto polo Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, e Real decreto 2366/1994, do 9 de decembro, sobre instalacións hidráulicas, de coxeración e outras abastecidas por recursos ou fontes de enerxía renovables e o Decreto 205/1995, do 6 de xullo, xa citado.

Segundo.- As mencionadas solicitudes sometéronse a información pública mediante resolución da Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio na Coruña, do 3 de xuño de 1997, publicada no BOE nº 145, do 18 de xuño de 1997, no Diario Oficial de Galicia nº 120, do 24 de xuño de 1997, no BOP nº 145, do 26 de xuño de 1997 e no xornal El Ideal Gallego do 17 de xuño de 1997, sen que se presentase ningunha alegación dentro do prazo establecido para iso.

Terceiro.- O 14 de agosto de 1997, a Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio na Coruña emitiu informe favorable sobre o citado proxecto, que ten as seguintes características básicas:

Situación e coordenadas poligonais:

Nome: Corme G-3.

Municipio: Ponteceso.

Vértice X (lonxitude): 0.502.000, 0.501.330, 0.502.380, 0.503.700, 0.505.400, 0.506.550, 0.505.500.

Vértice Y (latitude): 4.790.500, 4.791.720, 4.792.730, 4.793.350, 4.792.820, 4.791.930, 4.791.110.

Potencia unitaria por aeroxerador: 300 kW.

Potencia total instalada: 21 mW.

Altura das torres: 30 m.

Lonxitude de pa: 14,490 m.

Producción estimada: 45.750 Mwh/ano.

Investimento previsto: 3.070.000.000 ptas.

Cuarto.- O 6 de novembro de 1997, a Comisión Galega de Medio Ambiente acordou formula-la declaración de efectos ambientais do citado parque eólico.

Fundamentos de dereito:

Primeiro.- A Dirección Xeral de Industria é competente para resolver este expediente con fundamento no Estatuto de autonomía de Galicia, o Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, o Decreto 132/1982, do 4 de novembro e o Decreto 209/1990, do 15 de marzo, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Industria e Comercio, modificado polos decretos 140/1991, do 2 de maio, 292/1995, do 3 de novembro e 187/1997, do 3 de xullo, en relación co Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, e o Decreto 205/1995, xa citados.

Segundo.- No expediente instruído para o efecto cumpríronse os trámites regulamentarios.

Esta dirección xeral, de acordo co que antecede e no exercicio das competencias que ten atribuídas,

RESOLVE:

1. Autorizarlle a Desarrollos Eólicos, S.A. a instalación dos equipos electromecánicos do parque eólico denominado Corme G-3, que se situará no concello de Ponteceso e aproba-lo proxecto de execución da dita instalación.

2. Declarar de utilidade pública estas instalacións, para os efectos previstos no Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, polo que se aproba o regulamento da Lei 10/1966, sobre expropiación forzosa en materia de instalacións eléctricas.

3. Recoñecerlle ó citado parque eólico a condición de instalación acollida ó réxime especial de produccion eléctrica, segundo o Real decreto 2366/1994, e incluíla no grupo a) do Art. 2 do dito R.D. O parque interconectarase ó sistema centralizado que, de se-lo caso, estableza a Dirección Xeral de Industria.

Todo isto de acordo coas condicións seguintes:

Primeira.- Desarrollos Eólicos, S.A., para os efectos de garanti-lo cumprimento das súas obrigas, deberá constituír, no prazo dun mes contado desde o outorgamento da presente autorización, unha fianza

por importe de 61.400.000 pesetas, conforme o disposto no artigo 14 do citado Decreto 205/1995, do 6 de xullo.

A dita fianza constituirase na Caixa Xeral de Depósitos da Consellería de Economía e Facenda da Xunta de Galicia, en calquera das formas sinaladas no artigo 11, apartado 3º do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo, e será devolta unha vez que se formalice a acta de posta en marcha das instalacións.

Segunda.- As instalacións que se autorizan deberán realizarse de acordo coas especificacións e planos que figuran no proxecto presentado pola empresa, cun orzamento de 3.070.000.000 de ptas.

Terceira.- Para introducir modificacións nas instalacións que afecten a datos básicos do proxecto, será necesaria a autorización previa da Dirección Xeral de Industria. Así mesmo, a Delegación Provincial de Industria e Comercio na Coruña poderá autoriza-las modificacións de detalle do proxecto que resulten procedentes, debendo comunicar a esta dirección xeral tódalas resolucións que dicte en aplicación da dita facultade.

Cuarta.- O prazo para a posta en marcha das instalacións que se autorizan será dun ano a partir da data desta resolución.

Unha vez construídas as instalacións autorizadas, a Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio na Coruña inspeccionará a totalidade das obras e montaxes efectuadas e verificará o cumprimento dos compromisos contraídos por Desarrollos Eólicos, S.A. no seu plan eólico.

Quinta.- A empresa, como requisito necesario para a aplicación ás instalacións que se autorizan do réxime especial creado polo Real decreto 2366/1994, do 9 de decembro, deberá inscribir aquela no Rexistro de Instalacións de Producción de Enerxía Eléctrica en réxime especial da Comunidade Autónoma de Galicia, creado pola orde da Consellería de Industria e Comercio do 5 de xullo de 1995 (Diario Oficial de Galicia 14-7-1995), no prazo de dous meses, contados a partir da data da acta de posta en marcha da instalación.

Sexta.- Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licencia ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

Sétima.- Con carácter previo á posta en marcha das instalacións, o órgano competente verificará o cumprimento do condicionado imposto nesta resolución e na declaración de efectos ambientais.

Oitava.- A Administración reserva para si o dereito de deixar sen efecto a presente autorización por calquera das causas establecidas no artigo 34 do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo, por incumprimento das condicións impostas ou por calquera outra causa excepcional que o xustifique.

Contra a presente resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderá interpoñerse, se é o caso,

recurso ordinario ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes, contado desde a súa publicación, conforme o establecido no artigo 114 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Santiago de Compostela, 15 de abril de 1998.

Joaquín del Moral Crespo

Director xeral de Industria

3756