Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Xoves, 07 de maio de 1998 Páx. 4.854

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 6 de abril de 1998 pola que se fai pública a composición da comisión avaliadora para a renovación da adscrición á función inspectora dos funcionarios docentes nomeados para tal actividade.

Por Orde do 12 de novembro de 1997 (Diario Oficial de Galicia do 5 de decembro) establécese o prazo e procedemento para a renovación da adscrición á función inspectora dos funcionarios docentes nomeados para tal actividade.

Segundo o disposto no punto terceiro da dita orde, a renovación da dita adscrición á función inspectora será avaliada por unha comisión presidida polo director xeral de Centros e Inspección Educativa, o subdirector xeral da Inspección Central e cinco funcionarios do corpo de inspectores ó servicio da Administración ou pertencentes ó corpo de inspectores de educación, elixidos por sorteo público.

Realizado o dito sorteo público segundo resolución da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa con data do 9 de decembro de 1997 (Diario Oficial de Galicia do 30).

DISPOÑO:

Artigo único.-Facer pública a composición da comisión avaliadora para a renovación da adscrición á función inspectora dos funcionarios docentes nomeados para tal actividade segundo anexo a esta orde.

Santiago de Compostela, 6 de abril de 1998.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

ANEXO

Presidente: Severino Somoza Gómez, director xeral de Centros e Inspección Educativa.

Vocais:

Emilio Pérez Sánchez, subdirector xeral da Inspección Central.

Constantino Prol Cid.

Mª Luisa Lago Mauricio.

Jesús Álvarez Marcote.

Gonzalo Fernández Fernández.

Olimpia Fernández Lamelas.

3632