Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Mércores, 06 de maio de 1998 Páx. 4.835

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 27 de abril de 1998 pola que se anuncia concurso público, por procedemento aberto e trámite ordinario, para a contratación dos expedientes 10, 412 e 413/1998.

Asistencia técnica e servicios:

Expediente 413/1998.

Obxecto: realización do control de calidade da vía e aparcadoiros do Campus Sur.

Localidade: Santiago de Compostela.

Provincia: A Coruña.

Importe de licitación: 5.000.000 de ptas., IVE incluído.

Garantía provisional: 100.000 ptas.

Prazo de execución: será ata a finalización das obras.

Clasificación: grupo I, subgrupos 1 e 2, categoría A.

Obras:

Expediente 412/1998.

Obxecto: vía e aparcadoiros no Campus Sur.

Localidade: Santiago de Compostela.

Provincia: A Coruña.

Importe de licitación: 172.000.000 de ptas., IVE incluído.

Garantía provisional: 3.440.000 ptas.

Prazo de execución: 6 meses.

Clasificación: grupo G, subgrupo 3, categoría D.

Subministracións:

Expediente 010/1998.

Obxecto: compactación dos andeis do depósito da Biblioteca Intercentros das facultades de Filosofía, Psicoloxía e Ciencias da Educación.

Localidade: Santiago de Compostela.

Provincia: A Coruña.

Importe de licitación: 3.100.000 ptas., IVE incluído.

Garantía provisional: 62.000 ptas.

Prazo de entrega: ve-lo establecido no prego de prescricións técnicas.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Universidade de Santiago de Compostela.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Xestión Económica.

c) Número dos expedientes: o indicado para cada expediente.

2. Obxecto dos contratos:

a) Descrición dos obxectos: as arriba indicadas.

b) Número de unidades que serán entregadas: as especificadas nos pregos de cláusulas.

c) Lugar de entrega/execución: Santiago de Compostela/Lugo.

d) Prazos de entrega/execución: os arriba indicados.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamentos de licitación:

Importes totais: os arriba indicados.

5. Garantías:

Provisionais: as arriba indicadas para cada expediente.

6. Obtención de documentación:

A documentación para participar nos concursos poderá ser consultada ou retirada na copistería Copynino, Xeneral Pardiñas, 2, Galerías, Santiago de Compostela (teléfono (981) 58 89 38) ou na copistería Unicopia, Facultade de Veterinaria, Pavillón de Aulas, Campus Universitario de Lugo (teléfono (982) 25 23 03, Ext.: 22475).

Obtención de información:

a) Entidade: Universidade de Santiago de Compostela, Servicio de Xestión Económica.

b) Domicilio: Rúa Nova, 6.

c) Localidade e código postal: 15705 Santiago de Compostela.

d) Teléfono: 57 25 00.

e) Telefax: 57 13 10.

f) Data límite de obtención de documentos e información: o día anterior ó de finalización do prazo de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos dos contratistas:

a) Clasificación: se fose necesaria, a especificada para cada expediente.

8. Presentación das ofertas:

a) Data límite de presentación: o vixésimo sexto día natural seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada nos pregos de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1ª Entidade: Universidade de Santiago de Compostela, Rectorado, rexistro xeral.

2ª Domicilio: praza do Obradoiro, s/n.

3ª Localidade e código postal: 15705 Santiago de Compostela.

Ou na:

1ª Entidade: Universidade de Santiago de Compostela.

2ª Domicilio: Polígono de Fingoi, s/n, pavillón catro do complexo da Facultade de Veterinaria.

3ª Localidade e código postal: 27002 Lugo.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres meses.

e) Admisión de variantes: admítense ata tres variantes.

9. Apertura das ofertas:

a) Entidade: Universidade de Santiago de Compostela.

b) Domicilio: Rúa Nova, 6.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: terceiro día seguinte ó do remate do prazo de presentación de proposicións, se este día fose inhábil ou sábado, reunirase o seguinte día hábil.

e) Hora: 13 horas.

10. Gastos de anuncios: serán por conta dos adxudicatarios a pro rata.

Santiago de Compostela, 27 de abril de 1998.

F. Darío Villanueva Prieto

Rector da Universidade de Santiago de Compostela

4001