Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Mércores, 06 de maio de 1998 Páx. 4.834

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

ENTE PÚBLICO PORTOS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 29 de abril de 1998 pola que se anuncia a subministración dun vehículo modalidade turismo polo procedemento de concurso público aberto e trámite de urxencia para o ente público Portos de Galicia.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: ente público Portos de Galicia, praza de Europa, nº 5-A, 6º B, Edif. Área Central, polígono das Fontiñas, Santiago de Compostela.

b) Dependencia que tramita o expediente: servicios centrais do ente público Portos de Galicia.

c) Número de expediente: SC. Sub-01/98.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: subministración.

b) Descrición do obxecto: subministración dun vehículo modalidade turismo para o ente público Portos de Galicia.

c) Boletín ou diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia nº 50, do 13 de marzo de 1998.

3. Tramitación, procedemento e forma de tramitación:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación:

a) Importe total: 3.480.000 ptas.

5. Adxudicación:

a) Data: 21 de abril de 1998.

b) Adxudicatario: Noya Móvil, S.L.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe da adxudicación: 3.477.949 ptas.

6. En cumprimento do previsto no artigo 58 da vixente Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992, notifícase, advertíndose que esta resolución pon fin á vía administrativa, e é susceptible de recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte

ó da publicación da presente resolución, de conformidade co artigo 58 da Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

O que se fai público para os efectos do previsto no artigo 94 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 29 de abril de 1998.

Emilio García Gallego

Presidente do ente público Portos de Galicia

3982