Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Martes, 05 de maio de 1998 Páx. 4.765

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BECERREÁ

ANUNCIO de licitación.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Becerreá.

2. Obxecto do contrato.

a) Proxecto de: edificio para vestiarios, 1ª fase.

b) Lugar de execución: Becerreá.

c) Prazo de execución: seis meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación: 5.000.000 de ptas.

5. Garantías.

Provisional: 100.000 ptas. Están exentos os licitadores con clasificación empresarial.

Definitiva: 4% do orzamento de contrata.

6. Obtención de documentación e información.

Concello de Becerreá, avenida Madrid, número 2, código postal 27640 Becerreá (Lugo), teléfono 36 00 04.

7. Requisitos específicos do contratista.

Clasificación: non se esixe.

Solvencia económico-financeira e técnica: acreditarase de conformidade co establecido na cláusula 7.1 e 7.2 do prego.

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: vixésimo sexto día natural seguinte ó da publicación deste anuncio no BOP de Lugo e no Diario Oficial de Galicia, tomando como día para o inicio do prazo o seguinte ó da derradeira publicación.

b) Documentación que hai que presentar.

As proposicións presentaranse en tres sobres cerrados.

Sobre A, subtitulado oferta económica, que deberá formularse conforme modelo que figura como anexo II do prego.

Sobre B, subtitulado personalidade xurídica. Conterá a documentación a que se refiren as bases 11.2 a 11.8, do prego de condicións.

Sobre C, subtitulado referencias técnicas. Conterá os documentos reflectidos na base 11.3) do prego.

Lugar de presentación: Concello de Becerreá, avenida Madrid, número 2.

O prazo en que o licitador estará obrigado a mante-la oferta é dun mes desde que remate o prazo de presentación.

e) Admisión de variantes: admítese a formulación de variantes, tanto cualitativas (mellora de calidades) como cuantitativas (novas unidades de obra).

9. Apertura de proposicións: no salón de sesións da Casa do Concello de Becerreá, ás doce horas do quinto día hábil seguinte ó do remate do prazo de presentación de proposicións.

10. Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario.

Becerreá, 23 de abril de 1998.

Antonio Fernández Pombo

Alcalde-presidente

3376