Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Martes, 05 de maio de 1998 Páx. 4.752

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 30 de marzo de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/308-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: L.M.T.S., C.T.C. e R.B.T.S. 1ª travesía de Av. Bos Aires.

Situación: Arteixo.

Descricións técnicas: L.M.T. aérea núa a 15/20 kV con orixe na L.M.T. Furoca-Quinto Pino (expediente 19459) e final na L.M.T.S. ó C.T.C. 1ª travesía de Av. Bos Aires, apoios tipo entronque. L.M.T.S. a 15/20 kV de 0,15 km con orixe na L.M.T.A Furoca-Qinto Pino (expediente 19459) e final no C.T.C. 1ª travesía da Av. Bos Aires, en conductor R.H.V.

C.T. non prefabricado de 400 kVA 15.000/380-220 V na 1ª travesía de Bos Aires. L.B.T. aérea de 0,078 km en conductor R.Z. rede pusada. R.B.T.S. de 0,168 km con orixe no C.T.C. 1ª travesía de Av. Bos Aires, en conductor R.V..

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

A Coruña, 30 de marzo de 1998.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

3294