Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Martes, 05 de maio de 1998 Páx. 4.752

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 30 de marzo de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/307-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: L.M.T.S., C.T. e R.B.T. Tatín-Igrexa.

Situación: Bergondo.

Descricións técnicas: L.M.T. aérea a 15/20 kV con orixe na L.M.T.A. Pedrido-Sada (expediente 27217) e final na mesma liña, en conductor LA-110/116,2 mm sobre apoios de formigón. L.M.T.S. a 15/20 kV de 0,065 km con orixe no tramo L.M.T.A. Pedrido-Sada (expediente 27217) e final na L.M.T.A. a C.T. Tatín (expediente 50628) en conductor R.H.V. 12/20 kV 3(1x150) mm Al C.T. prefabricado de 400 kVA 15.000/380-220 V en Tatín-Igrexa. L.B.T. aérea de 0,074 km con orixe no C.T. Tatín-Igrexa, en conductor R.Z. 0,6/1 kV 3(1x50) mm Al + 54,6 A.L.M. e apoios de formigón. R.B.T.S. de 0,305 km con orixe no C.T. Tatín-Igrexa, en conductor R.V. 0,6/1 kV 4(1x150) mm Al.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

A Coruña, 30 de marzo de 1998.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

3289