Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Luns, 04 de maio de 1998 Páx. 4.716

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE TEO

ANUNCIO de convocatoria pública para a provisión do cargo de xuíz de paz substituto deste concello.

Obxecto: a provisión do cargo de xuíz de paz substituto deste concello.

Presentación de solicitudes: no rexistro xeral do concello ou nas oficinas a que se refire o artigo 66 da Lei do procedemento administrativo durante o prazo de quince días hábiles contados a partir da publicación da convocatoria no BOP e no Diario Oficial de Galicia.

Á solicitude xuntaranse os seguintes documentos:

- Certificado de nacemento ou fotocopia autenticada do DNI.

- Xustificación de méritos que alegue o solicitante.

- Certificación do Rexistro Central de Penados e Rebeldes e declaración complementaria da conducta cidadá.

Requisitos dos aspirantes: ser español e maior de idade, e non estar incurso nas causas de incapacidade que establece o artigo 303 da Lei orgánica do poder xudicial.

Teo, 23 de abril de 1998.

Armando Blanco Martínez

Alcalde