Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Luns, 04 de maio de 1998 Páx. 4.716

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE FERROL

EDICTO.

O Pleno do Concello de Ferrol, en sesión celebrada o día 26 de marzo de 1998, adoptou entre outros, o seguinte acordo referente á modificación puntual do plan xeral de ordenación de Ferrol no ámbito da UA-20, e sendo o teor do acordo o seguinte:

«En sesión celebrada o día 30 de maio de 1997, o Concello Pleno acordou a aprobación inicial da modificación puntual do PXMO no ámbito da UA-20 e dispúxose a apertura do trámite de información pública para os efectos e nos termos previstos no artigo 42 da Lei do solo de Galicia e artigo 128 do regulamento de planeamento. Tales acordos publicáronse en El Ideal Gallego, do 23 de xullo de 1997 e no Diario Oficial de Galicia nº 156, do 14 de agosto de 1997 e mediante edicto no taboleiro de anuncios do concello desde o día 18 de xullo ata o 16 de setembro de 1997. Finalizado o período de información pública non se presentaron alegacións como consta no certificado do rexistro xeral. Tendo en conta que o informe da Dirección Xeral de Urbanismo con data do 26 de febreiro de 1998 é favorable se se cumpren dúas observacións sobre o edificio dotacional e o cálculo do aproveitamento tipo no ámbito da modificación. Visto o informe do equipo redactor ás observacións da Dirección Xeral de

Urbanismo, onde se incrementa a zona verde V-54 suprimindo a dotación E-7 e realízase o cálculo do aproveitamento tipo segundo o artigo 87.2º da Lei do solo de Galicia obténdose un aproveitamento idéntico ó establecido na modificación inicial. A

comisión informativa de urbanismo e infraestructuras na súa sesión do 18 de marzo de 1998, en votación ordinaria e por unanimidade, considerou oportuno propor ó Pleno da Corporación a adopción dos seguintes acordos:

Primeiro: aprobar definitivamente a modificación puntual do plan xeral de ordenación de Ferrol, no ámbito da UA-20, coas modificacións que constan no informe do equipo redactor sobre o cumprimento das observacións indicadas pola Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

Segundo: proceder ás publicacións regulamentarias establecidas no artigo 48 da Lei 1/1997, do solo de Galicia.

O que se fai público para xeral coñecemento, podendo interpoñerse contra a mencionada aprobación recurso contencioso-administrativo perante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó de publicación do presente edicto no DOG, sen prexuízo de calquera outro que considere procedente.

Ferrol, 17 de abril de 1998.

O alcalde

Rubricado

3892