Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Luns, 04 de maio de 1998 Páx. 4.701

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 8 de abril de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se anuncia polo sistema de poxa aberta, con tramitación anticipada do expediente de gasto, as obras de ampliación para aulas de tecnoloxía e música do IES Eduardo Pondal de Santiago de Compostela e outra.

1. Entidade adxudicataria: Xunta de Galicia.

a) Organismo: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

b) Dependencia que tramita: Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Coruña.

2. Obxecto do contrato:

1. a) Descrición do obxecto: ampliación para aulas de tecnoloxía e música no IES Eduardo Pondal de Santiago de Compostela.

b) Lugar de execución: Santiago de Compostela.

c) Prazo de execución: 4 meses.

d) Importe total: 25.967.641 ptas.

e) Clasificación do contratista: grupo C, categoría d.

2. a) Descrición do obxecto: reparacións xerais no CEIP de Ponte Carreira, Frades.

b) Lugar de execución: Ponte Carreira, Frades.

c) Prazo de execución: 5 meses.

d) Importe total : 29.843.445 ptas.

e) Clasificación do contratista: grupo C, categoría d.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: anticipada do expediente de gasto (Orde do 11-2-1998, da Consellería de Economía e Facenda).

b) Procedemento: poxa.

c) Forma: aberta.

4. Garantías: exímese da garantía provisional ó abeiro do establecido no artigo 36.2º da Lei de contratos das administracións públicas.

5. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Coruña. (Unidade técnica).

b) Domicilio: praza de Luís Seoane, s/n, 7 planta.

c) Localidade e código postal: 15071 A Coruña.

d) Teléfono: (981) 18 47 45.

e) Fax: (981) 18 47 85.

6. Presentación das ofertas:

a) Data límite de presentación: ás 14 horas do vixésimo sexto día natural seguinte ó da publicación da presente resolución no DOG.

b) Documentación que hai que presentar: a sinalada no punto 9 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

Entidade: rexistro xeral da delegación da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Coruña.

Enderezo: praza de Luís Seoane, s/n, 7ª planta.

Localidade: A Coruña 15071.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: ata a resolución de adxudicación da poxa.

7. Apertura de ofertas:

a) Entidade: Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Coruña.

b) Enderezo: praza Luís Seoane, s/n, 7ª planta.

c) Localidade: A Coruña.

d) Data: o quinto día hábil contado desde o remate do prazo de presentación das proposicións.

e) Hora: ás 10 horas.

8. Gastos do anuncio: por conta dos adxudicatarios.

A Coruña, 8 de abril de 1998.

Alberto González Armesto

Delegado provincial da Coruña

2666