Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Luns, 04 de maio de 1998 Páx. 4.700

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 7 de abril de 1998, do Servicio Provincial de Estradas da Coruña, pola que se somete a información pública o proxecto de construcción e do estudio de efectos ambientais das obras de conexión da AC-122 (p.q. 7,900) co C.P. 3504 de Pedreira a Maniños. (Clave C-AC-98.1).

Aprobado tecnicamente, por resolución da Delegación Provincial da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda da Xunta de Galicia da Coruña, con data do 2 de abril de 1998, o proxecto de construcción e do estudio de efectos ambientais

das obras de conexión da AC-122 (p.q. 7,900) con C.P. 3504 de Pedreira a Maniños (clave C-AC-98.1), sométese ó trámite de información pública, durante o período de trinta días hábiles a partir da inserción deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, co fin de que as persoas que o estimen oportuno poidan formular por excrito perante o Servicio Provincial de Estradas da Coruña, as observacións que crean convenientes, de acordo co establecido no artigo 15.1º da Lei 4/1994, do 14 de setembro, de estradas de Galicia, sinalándose que o citado proxecto de construcción se pode examinar, durante o dito período en horas hábiles de oficina, na Dirección Xeral de Obras Públicas, no Servicio Provincial de Estradas da Coruña e no Concello de Mugardos (A Coruña).

Así mesmo, sométese ó trámite de información pública o estudio de efectos ambientais, contido no proxecto de construcción durante o período de quince días hábiles, a partir da publicación deste anuncio, no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto na Lei 1/1995, do 2 de xaneiro, de protección ambiental de Galicia e no Decreto 327/1991, do 4 de outubro, de sometemento á declaración de efectos ambientais de Galicia, estando a exposición ó público, para este efecto, na Comisión Provincial de Medio Ambiente da Coruña e no concello afectado.

A Coruña, 7 de abril de 1998.

José Luis Rodríguez Alonso

Enxeñeiro xefe do Servicio de Estradas da Coruña

3689