Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Luns, 04 de maio de 1998 Páx. 4.680

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 23 de marzo de 1998, do recadador de zona da Coruña, polo que se notifica o inicio do procedemento de constrinximento en relación con diversos expedientes que se conteñen no presente (Abas Acción, Manuel e mil douscentos tres máis).

Polo presente anuncio, e debido a que os debedores comprendidos na relación que a continuación se insi

re non puideron ser notificados nos enderezos que figuran nos rexistros desta Administración, faíselles saber que:

Quedan emprazados para que no prazo de dez días a partir do seguinte ó desta publicación se presenten na zona de recadación da Coruña con enderezo en rúa Hortas nº 1-1º A co obxecto de que se lles notifique o acto administrativo de inicio do procedemento de constrinximento que se relaciona.

Se transcorrido o dito prazo non se presentasen no devandito lugar enténdese producida a notificación desde o día seguinte ó de vencemento do prazo sinalado.

3398