Dentro do plan de actividades da EGAP para 1998, e conforme coas funcións atribuídas pola Lei 4/1987, do 27 de maio, de creación da escola, e pola Lei 10/1989, do 10 de xullo, de modificación da anterior, convócase un curso sobre xestión e administración de persoal na Administración local que deberá desenvolverse conforme as seguintes bases:
Primeira.-Obxectivos.
Actualización de coñecementos na materia, e análise das peculiaridades que presenta actualmente a xestión de recursos humanos nas entidades locais.
Segunda.-Destinatarios.
Persoal ó servicio das corporacións locais, preferentemente dos grupos A e B, que desenvolvan tarefas de responsabilidade en materia de persoal.
Terceira.-Solicitudes.
1. As persoas que desexen participar no curso programado deberán solicitalo no modelo oficial de solicitude que figura ó final da convocatoria, cuberta en tódolos epígrafes. Cando solicite o curso máis dun interesado da mesma corporación, o responsable do persoal poderá especifica-la orde de preferencia. No caso de que non se especifique, a EGAP aplicarálle-los criterios de selección ós que se fai referencia na base sétima.
2. A falsidade ou ocultación de datos esenciais para a selección será motivo de exclusión automática.
Cuarta.-Tramitación de solicitudes.
As solicitudes irán dirixidas ó director da Escola Galega de Administración Pública e presentaranse no rexistro da EGAP, polígono das Fontiñas, s/n, 15707 Santiago de Compostela, ou tramitaranse por calquera das outras formas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
Seguidamente efectuarase a selección dos participantes e esta notificaráselles directamente ós admitidos.
Quinta.-Prazo.
O prazo de presentación de instancias será de 15 días naturais, contados a partir da data de publicación da convocatoria.
Sexta.-Requisitos dos participantes.
O cumprimento do requisito esixido na base segunda deberá acreditarse mediante certificación expedida conforme o modelo oficial que figura como anexo I desta resolución.
Sétima.-Selección.
Os criterios de selección, dirixidos a concilia-las necesidades da organización na que prestan servicios os aspirantes e os intereses individuais destes, terán en conta a maior relación do posto de traballo desempeñado co contido do curso. Terán preferencia aqueles que non realizasen algún curso de similares características ó convocado.
En calquera caso, os criterios de selección suxeitaranse ás directrices sinaladas na Resolución do 27 de xuño de 1994 (DOG nº 149, do 3 de agosto), pola que se fan públicos os criterios de participación nas actividades docentes da EGAP.
Oitava.-Modificacións.
A EGAP poderá modifica-lo desenvolvemento e mailo contido do curso anunciado para adaptalo ás necesidades da Administración e ás continxencias que poidan xurdir.
A EGAP reserva para si a facultade de anula-lo curso se o escaso número de solicitudes non xustificase a súa realización. Fíxase en 15 o número mínimo de asistentes.
Novena.-Desenvolvemento.
9.1. Duración: 30 horas.
9.2. Lugar: Santiago de Compostela, sede da EGAP.
9.3. Datas: do 25 de maio ó 24 de xuño, tódolos luns e mércores laborables.
9.4. Horarios: de 17 a 20 horas.
9.5. Prazas: 30.
Décima.-Certificado de asistencia.
Outorgaráselles certificado de asistencia ós alumnos que participen con regularidade no curso, e é
obrigatoria a asistencia a tódalas sesións. Toda inasistencia deberá ser xustificada convenientemente, sen que poida exceder en ningún caso do 15% das horas lectivas programadas.
Unha inasistenica superior ó 15% das horas lectivas programadas, aínda que sexa xustificada, impedirá a expedición do correspondente certificado.
Onceava.-Valoración.
Para os efectos do establecido na resolución do INAP do 26 de outubro de 1994, BOE nº 267, do 8 de abril e corrección de erros, BOE nº 311, do 29 de decembro, pola que se establecen os criterios de recoñecemento e valoración dos cursos de Administración local en cumprimento do establecido na orde do Ministerio para as Administracións Públicas do 10 de agosto de 1994, ó presente curso outorgaráselle unha puntuación de 0,60 puntos.
Doceava.-Contido.
Persoal ó servicio da Administración local: clases. O ingreso na Administración local. Situacións admi
nistrativas. Cadros de persoal, catálogos e relacións de postos de traballo. Réxime disciplinario. O persoal laboral, negociación colectiva. O sistema retributivo e Seguridade Social. Comentarios sobre o proxecto do Estatuto da función pública.
Santiago de Compostela, 20 de abril de 1998.
Domingo Bello Janeiro
Director da Escola Galega de Administración Pública
ANEXO I
Don/Dona... responsable dos servicios de persoal na entidade local...
CERTIFICO:
Que don/dona..., no desempeño do seu posto de traballo realiza as tarefas directamente relacionadas co contido do curso solicitado.
..., ... de ... de 1998.
Asdo.:...
3234