Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Mércores, 29 de abril de 1998 Páx. 4.519

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 2 de abril de 1998, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Cristal-Piñor de Ourense, pola que se anuncia o concurso público por procedemento aberto e trámite ordinario, para a contratación plurianual da subministración sucesiva de marcapasos e electrodos. (C.P. 6/1998).

A Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Cristal-Piñor de Ourense, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7 da Orde do 22 de maio de 1996 (DOG do 6 de xuño) da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, convoca o seguinte concurso público:

1. Entidade adxudicadora: Complexo Hospitalario Cristal-Piñor, Dirección de Xestión, Servicio de Compras, rúa Ramón Puga, 52, 32005 Ourense. Teléfono (988) 38 57 02. Fax (988) 38 58 49.

2. Modalidade de adxudicación: concurso público polo procedemento aberto.

3. a) Lugar de entrega da subministración: Ourense.

b) Obxecto do contrato: marcapasos e os electrodos respectivos, segundo lotes detallados no prego de prescricións técnicas.

Orzamento: cento trinta e seis millóns seiscentas trinta mil seiscentas pesetas (136.630.600 ptas.) IVE incluído.

c) Lotes: posibilidade de licitar a un, a varios ou á totalidade dos lotes.

4. Prazo de execución: ver prego de condicións.

5. a) Solicitude da documentación: ver punto 1.

b) Data límite para efectua-la solicitude: 25-5-1998.

6. a) Data límite de recepción das propostas: 1-6-1998.

b) Enderezo ó que deben dirixirse: rexistro xeral do Complexo Hospitalario Cristal-Piñor, rúa Ramón Puga, 52. Edificio da Administración, planta baixa, 32005 Ourense.

c) Lingua (s): galego ou castelán.

7. a) Persoas admitidas a asistir á apertura das ofertas: acto público.

b) Data, hora e lugar da devandita apertura: 12-6-1998; 9 horas. Sala de xuntas da Dirección

de Xestión do Complexo Hospitalario Cristal-Piñor de Ourense.

8. Garantías esixidas:

Provisional: o importe indicado no punto 9 da folla de especificacións do prego de claúsulas administrativas particulares para o lote/s a que se concorra.

Definitiva: 4% do importe de licitación.

9. Modalidades básicas de financiamento e de pagamento: ver prego de cláusulas administrativas.

10. Condicións mínimas de carácter económico e técnico que deberá reuni-lo provedor: ver prego de cláusulas administrativas.

11. Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses desde a apertura das proposicións.

12. Criterios de adxudicación: 1) Calidade, ata 5 puntos. 2) Prezo, ata 5 puntos.

13. Data de publicación no Diario Oficial das Comunidades Europeas do anuncio de información previa: non se publicou.

14. Data de envío do anuncio: 8-4-1998.

15. Data de recepción do anuncio pola Oficina de Publicacións Oficiais das Comunidades Europeas: (reservado á OPOCE).

16. Anuncios: o pagamento será por conta do/s adxudicatario/s.

Ourense, 2 de abril de 1998.

Pedro A. Soler Bordoy

Director xerente do Complexo Hospitalario

Cristal-Piñor de Ourense

3758