Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Mércores, 29 de abril de 1998 Páx. 4.519

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

ANUNCIO de concurso para a venda de parcelas do parque empresarial da Pastoriza (1ª fase).

A resolución pola que se fixan os criterios de alleamento e demais documentación poderá ser examinada nas oficinas de Xestión Urbanística de Lugo, S.A. (Xestur-Lugo), sita na praza de Sto. Domingo, número 6-5º de Lugo, nas horas das 10 ás 14, de luns a venres.

O prazo de presentación de proposicións para participar no concurso é de vinte días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio, no Diario Oficial de Galicia, podendo facerse a presentación nas citadas oficinas de Xestur-Lugo, ata as 15 horas do derradeiro día do prazo, ou o inmediato hábil seguinte se o vixésimo día natural cadra en sábado, domingo ou festivo.

A apertura das proposicións realizarase ás 14 horas, na sala de xuntas de Xestur-Lugo o oitavo día hábil seguinte, (excepto sábados), contado desde o derradeiro para a presentación das proposicións.

Lugo, 14 de abril de 1998.

Rubricado

3300