Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Mércores, 29 de abril de 1998 Páx. 4.517

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 20 de abril de 1998, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se somete a información pública o estudio de efectos ambientais do proxecto de construcción e xestión do servicio de tratamento e eliminación dos residuos sólidos urbanos no concello da Coruña.

En cumprimento do disposto no artigo 2, punto 4, do Decreto 327/91, do 4 de outubro, de avaliación dos efectos ambientais para Galicia (Diario Oficial de Galicia nº 199, do 15 de outubro), e durante o prazo de vinte días o órgano ambiental someterá o estudio de efectos ambientais ó trámite de infor

mación pública, mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia. Na súa virtude,

RESOLVO:

1. Someter a información pública o estudio de efectos ambientais do proxecto de construcción e xestión do servicio de tratamento e eliminación dos residuos sólidos urbanos, situado no lugar de Poltros-Nostián, no Concello da Coruña, provincia da Coruña.

2. Para os devanditos efectos informativos, poranse á disposición dos administrados, exemplares nas seguintes dependencias:

* Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.

* Delegación Provincial da Consellería de Medio Ambiente da provincia da Coruña.

* Concello da Coruña.

3. As alegacións formularanse durante o prazo de vinte días, contando a partir do seguinte día á publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 20 de abril de 1998.

Francisco Pan-Montojo González

Director xeral de Calidade e Avaliación Ambiental

3749