Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Mércores, 29 de abril de 1998 Páx. 4.517

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 20 de abril de 1998, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se somete a información pública o estudio de impacto ambiental do proxecto de planta de tratamento de residuos líquidos oleosos marpol tipo C e lubricantes usados en combustible ecolóxico no concello das Somozas, provincia da Coruña.

En cumprimento do disposto no artigo 5, punto 2º, do Decreto 422/1990, do 13 de setembro, de avaliación do impacto ambiental para Galicia (Diario Oficial de Galicia nº 188, do 25 de setembro), e durante o prazo de trinta días hábiles o órgano ambiental someterá o estudio de impacto ambiental ó trámite de información pública mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia. Na súa virtude:

RESOLVO:

1. Someter a información pública o estudio de impacto ambiental do proxecto de planta de tratamento de residuos oleosos marpol tipo C e aceites lubricantes usados en combustible ecolóxico no concello das Somozas, provincia da Coruña.

2. Para os devanditos efectos informativos, poranse á disposición dos administrados, exemplares nas seguintes dependencias:

* Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.

* Delegación Provincial da Consellería de Medio Ambiente da provincia da Coruña.

* Concello das Somozas.

3. As alegacións formularanse durante o prazo de trinta días hábiles, contando a partir do seguinte día á publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 20 de abril de 1998.

Francisco Pan-Montojo González

Director xeral de Calidade e Avaliación Ambiental

3748