Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Mércores, 29 de abril de 1998 Páx. 4.511

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 14 de abril de 1998, da Dirección Xeral de Industria, pola que se somete a información pública o estudio de efectos ambientais do parque eólico denominado San Xoán, nos concellos das Pontes de García Rodríguez e Muras.

O artigo 2.4º do Decreto 327/1991, do 4 de outubro, de avaliación de efectos ambientais para Galicia, dispón que os estudios de efectos ambientais se sometan ó trámite de información pública, durante quince días hábiles. Na súa virtude,

RESOLVO:

Primeiro.-Someter a información pública, por un prazo de quince días hábiles, contados a partir da publicación da presente resolución, o estudio de efectos ambientais do parque eólico denominado San Xoán nos concellos das Pontes de García Rodríguez e Muras solicitado pola empresa Made Energías Renovables, S.A.

Segundo.-Para os efectos informativos, o estudio de efectos ambientais porase á disposición dos administrados nas seguintes dependencias:

-Dirección Xeral de Industria.

-Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.

-Delegación Provincial da Consellería de Medio Ambiente na Coruña e Lugo.

-Concello das Pontes de García Rodríguez.

-Concello de Muras.

Terceiro.-As alegacións dirixiranse durante o prazo de quince días á Dirección Xeral de Industria.

Cuarto.-Unha vez finalizado o prazo, remitirase o expediente coas correspondentes alegacións á Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Avaliación Ambiental.

Santiago de Compostela, 14 de abril de 1998.

Joaquín del Moral Crespo

Director xeral de Industria

3162