Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Mércores, 29 de abril de 1998 Páx. 4.511

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 7 de abril de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a solicitude para a declaración de utilidade pública da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 37/1997).

De conformidade co disposto no título IX da Lei 54/1977, do 27 de novembro, do sector eléctrico, (BOE do 28), e Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, sobre instalacións eléctricas (BOE do 24), este de aplicación transitoria en vigor, sométese a información pública a solicitude de Made Energías Renovables, S.A., con enderezo no Paseo de la Castellana, número 95, planta 29, 28046 Madrid, como entidade beneficiaria, para a declaración de utilidade pública, que levará implícita a urxente ocupación, para os efectos de expropiación forzosa dos bens e dereitos que se afecten pola execución das instalacións da subestación transformadora de enerxía eléctrica a 20/132 kV do parque eólico de Bustelo, no termo municipal das Pontes de García Rodríguez (expediente número 37/1997), da que por Resolución da Dirección Xeral de Industria con data do 24 de novembro de 1997, se otorgou a autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución.

En consecuencia, calquera persoa e o interesado que figura na relación anexa, ó que se lle practica notificación indivual, por xestión directa ante a entidade beneficiaria poderán rectifica-la titularidade do predio, se esta é o caso, e recadar datos para a identificación dos bens que se afectan; examina-lo proxecto nesta delegación, sección 3ª enerxía, 2º andar, edificio administrativo (Monelos), praza de Luis Seoane, s/n, 15071 A Coruña, e formular mediante escrito alegacións en razón do disposto

nos artigos 25 e 26 do citado Decreto 2619/1966, dentro do prazo de trinta días seguintes ó da presente publicación.

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, de resulta-lo titular do predio proposto como descoñecido ou se ignore o lugar de notificación; e así dirixir ó Ministreior Fiscal as dilixencias que se produzan, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación formzosa do 16 de decembro de 1954.

A Coruña, 7 de abril de 1998.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

ANEXO

Subestación parque eólico Bustelo

Relación concreta e individualizada de bens e dereitos que é necesario ocupar

Termo municipal das Pontes de García Rodríguez

Número de parcela: 1.

Titular: Suelos y Superficies, S.L.. Xerente: Manuel Soto Pérez.

Domicilio: r/Menéndez Pelayo, número 1 A Coruña.

Superficie (en has): 1,3280.

Testantes: N: camiño; S: pista; L: máis dos mesmos; O: cruzamento de camiños.

3744