Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Martes, 28 de abril de 1998 Páx. 4.460

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DO PORRIÑO

ANUNCIO.

O Concello Pleno, na sesión extraordinaria do día 3 do mes en curso adoptou, co quórum legal da maioría absoluta, o seguinte acordo de aprobación definitiva do estudio de detalle Geo Porriño, S.L.

1. Desestimar integramente as alegacións formuladas, tanto polo grupo político do BNG como por José Manuel Gómez Fernández, por carecer da máis mínima fundamentación legal e non só non acreditar, senón nin sequera concreta-los pretendidos incumprimentos da normativa de aplicación.

2. Aprobar definitivamente o E.D. presentado por Geo Porriño, S.L.

3. Proceder a notificar, comunicar e publica-lo presente acordo a quen legalmente corresponda, para a súa plena eficacia.

O que se fai público de conformidade co disposto no Art. 48.2º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.

Contra o referido acordo os interesados poden interpoñe-los seguintes recursos:

a) Contencioso-administrativo, perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ó da notificación da presente.

b) Calquera outro que consideren conveniente.

O Porriño, 15 de abril de 1998.

José Manuel Barros González

Alcalde