Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Martes, 28 de abril de 1998 Páx. 4.460

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DO PORRIÑO

ANUNCIO.

O Concello Pleno, na sesión extraordinaria do día 3 do mes en curso adoptou, co quórum legal da maioría absoluta, o seguinte acordo de aprobación definitiva da modificación puntual PXOU Zelnova, S.A.:

a) Aprobar definitivamente o proxecto de modificación puntual do PXOU do Concello do Porriño redactado polo arquitecto José Míguez León, visado polo respectivo colexio oficial o 9-10-1996 e promovido por Zelnova, S.A.

b) Publicar este acordo no DOG e no BOP. Así mesmo, publicarase no BOP o documento que conteña a normativa e as ordenanzas.

c) Comunicar este acordo á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda e ó mesmo tempo darlle traslado dunha copia autenticada do expediente administrativo completo e de dous exemplares do instrumento aprobado definitivamente con

tódolos planos e documentos que integren a modificación sobre os que recaeu esta acordo de aprobación definitiva, debidamente dilixenciados polo secretario deste concello, facendo consta-lo dito extremo.

d) A eficacia desta aprobación definitiva e a súa entrada en vigor quedan condicionadas ó cumprimento do disposto no citado artigo 48 e no 70.2º da Lei reguladora das bases de réxime local.

O que se fai público de conformidade co disposto no artigo 48.2º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.

Contra o referido acordo os interesados poden interpoñe-los seguintes recursos:

a) Contencioso-administrativo, perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ó da notificación da presente.

b) Calquera outro que consideren conveniente.

O Porriño, 15 de abril de 1998.

José Manuel Barros González

Alcalde

3716