Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Martes, 28 de abril de 1998 Páx. 4.452

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 19 de febreiro de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se abre información pública para autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 98/1).

Para os efectos previstos no Decreto 205/1995, do 6 de xullo, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia, sométese a información pública a solicitude da empresa Eólicos Touriñán, S.A., con enderezo social no lugar de Ruibo, s/n, Cee, A Coruña, para autorización administrativa do parque eólico de Pena Feixa, de acordo cos seguintes datos:

-Municipios afectados: Monfero.

-Superficie afectada e coordenadas: 188.348 m.

V(8º 00' 10'' W, 43º 20' 07'' n)

V(7º 59' 59'' 06 W, 43º 20' 03'' 01 N)

V(7º 59' 58'' 66 W, 43º 20' 03'' 01 N)

V(8º 00' 01'' 06 W, 43º 19' 52'' 91 N)

V(7º 59' 56'' 06 W, 43º 19' 45'' 71 N)

V(7º 59' 55'' 46 W, 43º 19' 41'' 31 N)

V(8º 00' 03'' 76 W, 43º 19' 41'' 01 N)

V(8º 00' 11'' 36 W, 49º 19' 48'' 41 N)

Potencia que se vai instalar: 3 M.W.

Durante o prazo de trinta días proderanse presentar solicitudes en competencia, axustadas ó disposto no artigo 10 do Decreto 205/1995, da Xunta de Galicia, nesta delegación provincial, edificio administrativo de Monelos, 15071 A Coruña.

A Coruña, 19 de febreiro de 1998.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

3231