Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Martes, 28 de abril de 1998 Páx. 4.451

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 27 de xaneiro de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se abre información pública para a autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 97/767).

Para os efectos previstos no Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a solicitude da empresa Escuris, S.A., co enderezo social na Baiúca, s/n A Pobra, para a autorización administrativa da instalación que segue:

Unha planta de coxeración grupo d composta basicamente, polos seguintes elementos:

Tres grupos motor-xerador de 4.000 kVA cada un alimentados a gasóleo e tensión de xeración a 6 kV.

Centro de transformación de 15.000 kVA e relación de transformación 6/20 kV.

Instalacións de baixa tensión, regulación, control e interconexión coa liña eléctrica da compañía distribuidora.

A planta de coxeración vai instalarse no interior da fábrica de conservas citada.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas reclamacións ou oposición, no prazo de trinta días, nesta delegación provincial, edificio administrativo de Monelos, 15701 A Coruña.

A Coruña, 27 de xaneiro de 1998.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

3714