Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Venres, 24 de abril de 1998 Páx. 4.316

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

FUNDACIÓN PÚBLICA HOSPITAL VIRXE DA XUNQUEIRA

ANUNCIO da convocatoria do posto de director de xestión da fundación.

O director da Fundación Pública Hospital Virxe da Xunqueira (Decreto 229/1997, do 25 de agosto de 1997) convoca publicamente a praza de director de Xestión da Fundación Pública Hospital Virxe da Xunqueira:

Os requirimentos para cubrir este posto son:

Formación:

Licenciatura ou enxeñería.

Cursos de postgrao en xestión de empresas.

Experiencia:

Experiencia de xestión no sector sanitario.

Coñecementos de ofimática a nivel de usuario.

A realción laboral rexerase polo Real decreto 1382/1995, do 1 de agosto, de persoal de alta dirección.

A duración do contrato non poderá exceder de 4 anos, prorrogables por acordo entre as partes e conforme as disposicións aplicables na materia.

Os interesados deberán enviar xunto á solicitude, un currículum vitae e xustificar debidamente os méritos alegados.

As solicitudes dirixiranse ó director da Fundación Pública Hospital Virxe da Xunqueira, indicando a referencia (DIR/XES), r/ Paseo Marítimo s/n 15270 Cee, A Coruña, no prazo de dez días, contados a partir do seguinte á súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Cee, A Coruña, 20 de abril de 1998.

José Rey Aneiros

Director da Fundación Pública Hospital Virxe da Xunqueira