Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Venres, 24 de abril de 1998 Páx. 4.315

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

MANCOMUNIDADE DO MORRAZO

ANUNCIO.

Con data do 6 de abril de 1998, a Xunta da Mancomunidade aprobou o expediente de contratación para subministración mediante o sistema de poxa de 145 colectores de papel e 145 colectores de vidro. De conformidade co silanado no artigo 122.1º do R.D. lexislativo 781/1986, do 18 de abril, exponse ó público durante oito días o prego de condicións, para os efectos de que poidan presentarse reclamacións anunciándose ó mesmo tempo a licitación acordada, que se aprazará no suposto de que se formulasen alegacións.

1. Entidade adxudicadora: Mancomunidade de concellos do Morrazo.

a) Órgano. Xunta de Goberno.

c) Dependencia que tramita o expediente: secretaría xeral.

d) Número do expediente: 1/1998.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: expediente de contratación para subministración mediante o sistema de poxa de 145 colectores de papel e 145 colectores de vidro.

b) Prazo de entrega: 1 mes desde o día sseguinte á notificación da adxudicación.

3. Tratamento, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: poxa.

4. Orzamento base de licitación:

Importe total: 30.500.000 ptas.

5. Garantías:

Provisional: 610.000 ptas. (2% do prezo de licitación).

Definitiva: 1.220.000 ptas. (4% do prezo de licitación).

6. Obtención de documentación e información:

Mancomunidade de concellos do Morrazo, Secretaria Xeral, Eduardo Vincenti número 9, 36930 Bueu.

7. Requisitos específicos do contratista:

Clasificación: non se esixe.

8. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: dentro dos 26 días naturais seguintes ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. Se o último día coincidise en sábado, prorrogarase ó seguinte non festivo.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada na cláusula 6 do prego de condicións.

c) Lugar de presentación: Secretaría Xeral da Mancuminidade de concellos do Morrazo. Concello de Bueu.

9. Apertura de ofertas:

Ás 14 horas do día seguinte hábil, non sábado, a aquel no que remate o prazo de presentación de proposicións, na sala de sesións do Concello de Bueu, sede da Mancomunidade.

Bueu, 13 de abril de 1998.

Xosé Novas Piñeiro

Presidente

3581