Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Venres, 24 de abril de 1998 Páx. 4.313

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CAMBRE

ANUNCIO.

O Pleno do Concello de Cambre, na súa sesión do 25 de novembro do presente ano, acordou aprobar definitivamente o estudio de detalle para a ordenación dun volume que se construirá nun terreo situado na Costa da Tapia, esquina coa rúa Otero Pedrayo, O Temple, das normas subsidiarias municipais, presentado por Lumieira, S.L., e que redactou o arquitecto Fermín Corrochano Casares.

O que se fai público de conformidade co establecido no artigo 48.2º da Lei 1/1997, do solo de Galicia.

Contra este acordo poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo perante a sala competente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, durante o prazo de dous meses, contado a partir do día seguinte ó da última publicación do presente acto, segundo o establecido no artigo 58.3º da Lei da xurisdicción contencioso-administrativa, o que se deberá comunicar previamente a este concello, segundo o establecido, no artigo 110.3º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Cambre, 17 de decembro de 1997.

Antonio Varela Saavedra

Alcalde

3152