Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Venres, 24 de abril de 1998 Páx. 4.312

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA GUARDA

EDICTO da alcaldía.

O Concello da Guarda, en sesión plenaria celebrada o día 8 de abril de 1998, aprobou:

1. A concesión administrativa do servicio de recollida de lixo, limpeza viaria e da praza de abastos

segundo informe económico que consta no expediente.

2. O prego de prescricións económico-administrativas que regulará a correspondente concesión.

O prazo para a presentación de reclamacións e suxestións respecto da citada documentación será de 10 días naturais contados a partir do seguinte ó da derradeira publicación deste edicto feita no DOG ou no BOP.

De non presentarse reclamacións ou alegacións consideraranse os citados documentos aprobados con carácter definitivo.

A Guarda, 13 de abril de 1998.

Purificación Álvarez Álvarez

Alcaldesa

3609