Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Xoves, 23 de abril de 1998 Páx. 4.249

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CULLEREDO

ANUNCIO.

O Pleno municipal, na súa sesión celebrada o día vinteseis de marzo de mil novecentos noventa e oito, aprobou con carácter inicial o estudio de detalle dunha parcela situada en Fonteculler-Rutis, promovido pola Sociedad Insoja, S.L., propietaria dela, e redactado polo arquitecto José Ramón Miyar Caridad, que tén por obxecto axusta-las aliñacións e rasantes e ordena-los volumes de acordo coas determinación do PXOU.

Durante o prazo dun mes contado desde a última publicación deste anuncio (DOG ou xornal) poderá examinarse o expediente no servicio de urbanismo das oficinas municipais e formula-las alegacións que consideren oportunas.

Culleredo, 1 de abril de 1998.

Julio Sacristán de Diego

Alcalde

3556