Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Xoves, 23 de abril de 1998 Páx. 4.249

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA ILLA DE AROUSA

ANUNCIO.

A Comisión Xestora deste concello, en sesión con data do 8-4-1998, acordou, por unanimidade dos nove vocais asistentes (sendo 11 os seus membros

de dereito e 10 os de feito), aprobar definitivamente a modificación puntual número 2/1997 das normas subsidiarias municipais da Illa de Arousa, que inclúe convenio urbanístico, para obter equipamento dotacional, procedéndose á recualificación de equipamento a edificación en fileira e non urbanizable a solo urbano.

O que se fai público de conformidade co disposto no artigo 48.2º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia e 8.d da Lei 7/1995, do 29 de xuño, de delegación e distribución de competencias en materia de urbanismo.

A Illa de Arousa, 13 de abril de 1998.

O presidente da Comisión Xestora

Rubricado

3558