Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Xoves, 23 de abril de 1998 Páx. 4.248

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 26 de marzo de 1998, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a proposta de resolución do expediente sancionador P-105/97 e once máis (pesca-Pontevedra).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico

das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan a proposta de resolución por infracción á Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial de Galicia.

Para os efectos previstos no artigo 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, os denunciados no prazo de 15 días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, poderán examina-lo expediente, no Servicio de Medio Ambiente Natural, sito na rúa Benito Corbal, 47-5ª planta, e presentar ante o instructor as alegacións que consideren convenientes.

Pontevedra, 26 de marzo de 1998.

Pilar Pita Ponte

Instructora

ANEXO

ExpedienteDenunciado

Último enderezo coñecido

Feito denunciadoPrecepto

infrinxido

Precepto

sancionador

Sanción

P-105/97José García Carrera

Xinzo-O Viso, 11, Ponteareas

Dedicarse á pesca da lamprea á man, auxiliado cunha lanterna, nun tramo de río vedado de pesca ata o 1 de maio de 1997, carecendo de licencia de pesca. Foi sorprendido portando unha lanterna que emite luz artificial, alumeando con ela pola presa cara á escala e introducindo a man entre as pedras por ámbolos dous lados da escala piscícola para capturar algunha lamprea, continuando co mesmo cometido augas abaixo pola marxe esquerda, uns 15 metros, ata uns illotes, todo isto alumeando coa lanterna e revisando os caneiros existentes na zona, non tendo capturado ningún exemplar. Acto seguido procedeuse á súa identificación; preguntando o motivo de alumear cara ó río e revisa-los caneiros así como te-lo calzado mollado, manifesta que o fai para pescar lampreas, para realizar unha cea cuns amigos, que por moita vixilancia que houbera, pensaba coller algunha. Feitos acontencidos o día 17-4-1997, no río Tea, concello de Ponteareas.Art.

34.1º, 34.6º, 34.11º, 34.9º, 35.19º da Lei 7/1992, de pesca fluvial

Art. 34 e 35 da Lei 7/1992, de pesca fluvial600.000 ptas. e Inhab. para obte-la licencia de pesca durante 1 ano e 1 día

P-113/97José García Carrera

Xinzo-O Viso, 11, Ponteareas

Pescar lamprea á man auxiliado de luz artificial en horas non autorizadas, sendo sorprendido metendo varias veces na auga a súa man, na que levaba un calcetín a modo de guante. Feitos acontencidos o día 24-4-1997, no río Tea.Art. 35.19º, 34.9º e 34.11º da Lei 7/1992, de pesca fluvialArt. 34 e 35 da Lei 7/1992, de pesca fluvial600.001 ptas. e Inhab. para obte-la licencia de pesca durante 1 ano e 1 día

P-124/97José Luis Vázquez Suárez

Avda. Castelao, Bl. 4, Santiago de Compostela

Pescar con engado non autorizado (miñoca) en ríos salmoneiros, sendo sorprendido coa cana na man e o engado dentro da auga, o día 1 de maio de 1997, no río Ulla, no concello de Arzúa.Art. 33.9º da Lei 7/1992, de pesca fluvialArt. 33 da Lei 7/1992, de pesca fluvial20.000 ptas.

P-131/97José García Carrera

Xinzo-O Viso, 11, Ponteareas

Manipulación de escala para paso de salmónidos con axuda dunha chave inglesa, o día 30 de abril de 1997, no tío Tea, no concello de Ponteareas.Art. 34.30º da Lei 7/1992, de pesca fluvialArt. 34 da Lei 7/1992, de pesca fluvial500.000 ptas. e Inhab. para obte-la licencia de pesca 1 ano por ser reincidente en infraccións da Lei 7/1992

P-142/97José Martínez Fuentes

A Peregrina, Santiago de Compostela

Pescar nun tramo vedado ata o 11 de maio pola Orde do 17 de febreiro de 1997, no río Umia, concello de Ribadumia. Feitos acontecidos o día 6-5-1997.Art. 33.9º da Lei 7/1992, de pesca fluvialArt. 33 da Lei 7/1992, de pesca fluvial20.000

P-150/97Andrés Alfonso Liste Silva

Pousada,

Boqueixón (A Coruña)

Pescar nun tramo vedado do río Umia, sendo sorprendido coa cana na man e o engado dentro da auga, o día 4 de maio de 1997, no río Umia, concello de Meis.Art. 33.9º da Lei 7/1992, de pesca fluvialArt. 33 da Lei 7/1992, de pesca fluvial25.000 ptas. por se-lo denunciado reincidente en infraccións da Lei 7/1992

P-170/97Faustino Rodríguez Rodríguez

A Pica, 5, Moreira, A Estrada

Pescar, xunto con outro, empregando 6 canas, cando o número máximo de canas autorizado é de 2, segundo a Orde do 17-2-1997, o día 25 de maio de 1997, no río Ulla, no concello de Rianxo.Art. 33.4º da Lei 7/1992, de pesca fluvialArt. 33 da Lei 7/1992, de pesca fluvial15.000 ptas.

P-171/97Carlos Calvo Álvarez

Pontevea-Teo (A Coruña)

Pescar con engado non autorizado en ríos salmoneiros (escalo) e liña superior á medida, sendo sorprendido coa cana na man e o engado dentro da auga, o día 19 de maio de 1997, no río Ulla, concello de Teo.Art. 33.9º da Lei 7/1992, de pesca fluvialArt. 33 da Lei 7/1992, de pesca fluvial20.000 ptas.

P-206/97José A. Rodríguez Rodríguez

Porta do Sol, 29, Sabarís-Baiona

Pescar con arte prohibida (fisga de 3 dentes) capturando 20 sollas e 2 linguados no momento de ser sorprendido. Feitos acontecidos o día 17-6-1997, no río Miñor.Art. 35.5º da Lei 7/1992, de pesca fluvialArt. 35 da Lei 7/1992, de pesca fluvial500.001 ptas. e Inhab. para obte-la licencia de pesca durante 1 ano e 1 día. Indemnización de 12.000 ptas.

ExpedienteDenunciado

Último enderezo coñecido

Feito denunciadoPrecepto

infrinxido

Precepto

sancionador

Sanción

P-216/97Luis A. Míguez Parada

Toural-Vilaboa

Pescar sen licencia. Feitos acontecidos o día 30 de xuño de 1997 no río Verdugo, concello de Soutomaior.Art. 34.1º da Lei 7/1992, de pesca fluvialArt. 34 da Lei 7/1992, de pesca fluvial50.001 ptas. e Inhab. para obte-la licencia de pesca durante 1 ano

P-219/97Jaime Vázquez García

Avda. Castelao, 4, Santiago de Compostela

Pescar con engado non permitido (miñoca) no río salmoneiro, unha troita de tamaño inferior ó permitido, non ter documento acreditativo sendo sorprendido coa cana na man e o engado dentro da auga negándose a entregarlles ós axentes a cana para o seu comiso. Feitos acontecidos o día 28 de xuño de 1997, no río Ulla, concello de Touro.Art. 33.9º da Lei 7/1992, de pesca fluvialArt. 33 da Lei 7/1992, de pesca fluvial30.000 ptas.

P-237/97Manuel Serantes Barreiro

Leiro, Ribadumia

Pescar con artes prohibidas (dúas redes tipo trasmallo), sendo sorprendido cando, xunto con outro, as levantaba. Feitos acontencidos o día 24 de xullo de 1997, no río Umia.Art. 35.2º da Lei 7/1992, de pesca fluvialArt. 35 da Lei 7/1992, de pesca fluvial550.000 ptas. e unha Inhab. para obte-la licencia de pesca durante 1 ano e 1 día

3075