Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Xoves, 23 de abril de 1998 Páx. 4.245

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 26 de marzo de 1998 pola que se aproba o cambio de dominio da batea Rocamar número 43.

Visto o expediente de cambio de dominio que a continuación se menciona, instruído para efectos de transmisión da concesión administrativa pertinente e do establecemento que a ampara; tendo en conta que o interesado obtivo a autorización de acordo co artigo 59 da Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia (Diario Oficial de Galicia nº 101, do 31-5) e o artigo 10 do Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia (Diario Oficial de Galicia nº 228, do 21-11) e que

foi acreditada a transmisión de dereitos e aboados os impostos correspondentes.

Esta consellería, en virtude das atribucións conferidas, á vista do informe favorable do Servicio Técnico-Xurídico, acordou acceder ó solicitado, proclamando a nova titularidade da concesión e establecemento que se relaciona a continuación:

Nome da batea: Rocamar nº 43.

Cultivo: ostra plana.

Localización: Redondela A, cuadrícula 39.

Data da concesión: 25-11-1958.

Data na que remata a derradeira prórroga: 15-12-2003.

Anterior concesionario: Mariscos Arcade, S.L.

Novos titulares da concesión: Pablo Gil Collazo (35.275.868) e Carmen González Otero (78.731.082).

Os novos concesionarios quedan subrogados nos mesmos dereitos e obrigas do anterior concesionario, así como obrigados ó cumprimento das disposicións legais vixentes que lles sexan aplicables e de categoría suficiente.

Vigo, 26 de marzo de 1998.

P.D. (Orde 27-6-1990, DOG nº 134, do 10-7-1990)

Rosa Mª Quintana Carballo

Delegada provincial de Pontevedra

3040