Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Mércores, 22 de abril de 1998 Páx. 4.175

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de citación (366/1997-I).

En cumprimento do acordado polo maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco de Santiago de Compostela, Ángel Pantín Reigada, en providencia dictada no día da data, no xuízo de faltas número 366/1997-I, tramitado por lesións en agresión, cítase a Manuel A. Leis Fernández, o cal se encontra en paradoiro descoñecido, para o próximo día cinco de xuño, co fin de que compareza, en calidade de demandado, ante a sala da audiencia número catro deste xulgado, sita na 1ª planta do Pazo de Xustiza das Fontiñas en Santiago de Compostela, co fin de asistir á celebración do correspondente xuízo, coa advertencia de que de non comparecer recaerán sobre el os prexuízos a que teña lugar en dereito e de que deberá ir provisto do DNI e dos medios de proba de que tente valerse.

En Santiago de Compostela o trinta de marzo de mil novecentos noventa e oito.

A secretaria

Rubricado

3054