Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Mércores, 22 de abril de 1998 Páx. 4.175

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (383/1992).

Eu, Rosa del Carmen Collazo Lugo, maxistrada do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro de Santiago de Compostela e o seu partido xudicial, fago saber que neste xulgado do meu cargo se seguen autos de proceso civil de cognición co número 383/1992 a instancia de Banco Central Hispanoamericano S.A. representado polo procurador Regueiro Muñoz contra Ángel Lourido Mosquera, en situación procesual de rebeldía, sobre reclamación de cantidade, habéndose dictada sentencia, co encabezamento e resolución literal que din:

«Sentencia. En Santiago de Compostela o dezaoito de xullo de mil novecentos noventa e seis. Vistos por Rosa del Carmen Collazo Lugo, maxistrada do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro dos do partido, os presentes autos de xuízo de cognición número 383/1992, sobre reclamación

de cantidade, sendo parte demandante a entidade Banco Central Hispanoamericano S.A. baixo a representación procesual da procuradora Fernández-Rial e López, e coa defensa letrada de Francisco de Llano Zato; aparece como parte demandada Ángel Lourido Mosquera, maior de idade, en situación procesual de rebeldía.

Decido que estimando a demanda presentada pola entidade Banco Central Hispanoamericano S.A., contra Ángel Lourido Mosquera, debo condenar e condeno a esta parte demandada a que lle aboe á demandada a cantidade de 320.107 ptas. mailos xuros legais correspondentes, con expresa imposición de custas á parte demandada.

Contra esta miña sentencia cabe recurso de apelación para presentar neste xulgado, nun prazo de cinco días, para ante a Audiencia Provincial da Coruña.

Así, por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E, para que o acordado se cumpra e lle sirva de notificación a Ángel Lourido Mosquera e para publicar no taboleiro de anuncios deste xulgado e no DOG, expido o presente edicto que é dado en Santiago de Compostela o trinta de marzo de mil novecentos noventa e oito.

A maxistrada

Rubricado

O secretario

Rubricado

3028