Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Martes, 21 de abril de 1998 Páx. 4.122

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE CONSUMO

CÉDULA do 20 de marzo de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación da resolución de recurso ordinario, expediente 15-013/1994, en materia de defensa do consumidor.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º, da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro (BOE do 27-11-1992), notifícaselles ás persoas mencionadas a continuación (que non puideron ser notificadas no último domicilio coñecido que así mesmo se indica) a resolución do recurso ordinario do expediente número 15-013/1994, por infracción en materia de defensa do consumidor.

Contra a dita resolución, que lle pon fin a vía administrativa, cabe interpoñer, logo da comunicación a este servicio, recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses a partir do día seguinte ó desta notificación.

Expediente: 15-013/1994.

Denunciante: Francisco Miller Bueno.

Domicilio: polígono Adormideras, edificio Lago, 4, 8º B 15002 (A Coruña).

Data da resolución: 2-12-1997.

A Coruña, 20 de marzo de 1998.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial do Instituto Galego de Consumo

2785