Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Martes, 21 de abril de 1998 Páx. 4.122

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 25 de marzo de 1998 pola que se lle notifica á empresa Cymin, S.A. a resolución pola que se acorda a resolución do contrato administrativo relativo á obra de reparación de carpintería dos bloques números 1 ó 9 do grupo Nosa Señora de Belén no polígono de Vite en Santiago de Compostela (expediente C-90/REP06).

De conformidade co disposto no artigop 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ante a imposibilidade de practicarlle a notificación á empresa Cymin, S.A., no lugar indicado como domicilio, por ser devolta polo servicio de correos, e despois da remisión para a súa publicación no taboleiro de anuncios do Concello da Coruña, notifícaselle que por resolución do director xeral do IGVS, do 3 de febreiro de 1998, dictada en virtude de delegación conferida mediante resolución do presidente do IGVS con data do 6-4-1995, acordouse a resolución do contrato administrativo relativo a obra de reparación de carpintería dos bloques 1 ó 9 do grupo Nosa Señora de Belén no polígono de Vite en Santiago de Compostela. A Coruña. Expte. C-90/REP06, adxudicado á empresa Cymin, S.A., con incautación de fianza definitiva por importe de 1.546.908 ptas. constituída mediante aval bancario depositado na Caixa de Depósitos e

Fianzas (nº rexistro 1984/90) da Delegación Territorial da Coruña da Consellería de Economía e Facenda.

Contra a antedita resolución, que é definitiva en vía administrativa, poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da súa notificación, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 58 da Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 25 de marzo de 1998.

P.D. (Resolución 6-4-1995)

José Antonio Redondo López

Director xeral do Instituto Galego

da Vivenda e Solo

2790