Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Martes, 21 de abril de 1998 Páx. 4.117

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 2 de marzo de 1998, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/44-3).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Sáenz Díez, 45, 32003 Ourense.

Denominación: L.M.T., C.T., e R.B.T. san Fiz, Candedo, Castelariña.

Situación: Chandrexa de Queixa.

Descricións técnicas: 3 liñas aéreas a 20 kV en conductor LA-56. (1º) L.M.T. a C.T. San Fiz de 1.218 m de lonxitude, con orixe na L.M.T. Chandrexa-Taboazas e remate no C.T. proxectado con 25 kVA, 20.000/380-220 V en San Fiz (2º) L.M.T. a C.T. Candedo de 691 m de lonxitude, con orixe no apoio número 3 da L.M.T. proxectada a C.T. San Fiz e remate no C.T. proxectado con 25 kVA, 20.000/380-220 V en Candedo. (3º) L.M.T. a C.T. Castelariña de 278 m de lonxitude con orixe na L.M.T. Chandrexa-Taboazas e remate no C.T. de Castelariña. Redes de B.T. no sector.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Ourense, 2 de marzo de 1998.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense

2889