Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Martes, 21 de abril de 1998 Páx. 4.117

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 2 de marzo de 1998, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/43-3).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Sáenz Díez, 45, 32003 Ourense.

Denominación: L.M.T.S., C.T. e R.B.T.S. estrada Xunqueira-estrada xeral de Castela.

Situación: Allariz.

Descricións técnicas: 3 liñas subterráneas a 20 kV, en conductor R.H.V.-12/20 kV. (1º) de 430 m de lonxitude, con orixe no C.T. estrada de Xunqueira e remate no C.T. Castelo con 630 kVA, 20.000/380-220 V. (2º) de 485 m de lonxitude, con orixe no C.T. Castelo e remate no C.T. estrada xeral de Castela. (3º) de 580 m de lonxitude, con orixe na L.M.T. saída subestación Allariz e remate no C.T. estrada de Xunqueira. R.B. subterránea do C.T. Castelo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Ourense, 2 de marzo de 1998.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense

2938