Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Martes, 21 de abril de 1998 Páx. 4.085

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

CORRECCIÓN de erros.- Orde do 18 de marzo de 1998 pola que se anuncian subvencións a empresas privadas para a mellora da infraestructura hoteleira.

Advertidos erros na citada orde publicada no Diario Oficial de Galicia nº 62, do 1 de abril de 1998, cómpre efectua-las seguintes correccións:

-Na páxina 3.328, artigo 3º.2, onde dí: «Os hoteis deberán acreditar que posúen autorización da Administración turística para exerce-la súa actividade con anterioridade ó 31 de decembro de 1986. Esta data poderase substituír, logo de autorización do director xeral de Turismo, visto o preceptivo informe do Servicio de Inspección do Turismo, pola do 31 de decembro de 1988, naqueles casos nos que o hotel que se pretenda modernizar teña unhas carencias notorias nas súas instalacións», debe dicir: «Os hoteis deberán acreditar que posúen autorización da Administración turística para exerce-la súa actividade con anterioridade ó 31 de decembro de 1986. Esta data poderase substituir, logo de autorización do director xeral de Turismo, visto o preceptivo informe do Servicio de Inspección do Turismo, por outra posterior, naqueles casos nos que o hotel que se pretenda modernizar teña unhas carencias notorias nas súas instalacións».

-Na páxina 3.329, artigo 3º.6.c), onde di: «Cumpri-lo disposto na Lei 8/1997, do 20 de agosto, de

accesibilidade e supresión de barreiras na Comunidade Autónoma de Galicia» debe dicir: «No caso dos hoteis, cumpri-lo disposto na Lei 8/1997, do 20 de agosto, de accesibilidade e supresión de barreiras na Comunidade Autónoma de Galicia».

-Na páxina 3.331, artigo 8º.1, no paragrafo onde se sinalan os prazos da fase de 1999, onde dí: «............no caso de terse imputado a tres, 15 de outubro de 1998», debe dicir: «............no caso de terse imputado a tres, 15 de outubro de 1999».

Santiago de Compostela, 6 de abril de 1998.

3424