Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Luns, 20 de abril de 1998 Páx. 4.064

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ARTEIXO

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno, en sesión celebrada o día 16 de marzo de 1998, acordou aprobar inicialmente a modificación puntual do plan especial de reforma interior da unidade de actuación nº 48, parcela do Balneario, promovido por Pablo Diego Mosquera Calvete, C.B., e redactado polos arquitectos Ramón P. Quiroga Álvarez e X. Alfonso Quiroga Berdeal; e visado polo Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia o 2 de xullo de 1997, que queda sometido a información pública polo prazo dun mes, contado a partir do seguinte ó da aparición do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia, durante o cal as persoas interesadas poderán examina-lo seu contido comparecendo nas dependencias do Servicio Municipal de Urbanismo, sitas na Avda. do Balneario, nº 10-1º, Arteixo, e presentando as alegacións que consideren convenientes. (Expediente 11/96.UA).

Arteixo, 1 de abril de 1998.

Manuel Pose Miñones

Alcalde

2964