Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Luns, 20 de abril de 1998 Páx. 4.063

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 12 de marzo de 1998, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Xeral-Cíes de Vigo, pola que se anuncia a contratación, polo sistema de concurso, mediante procedemento aberto e tramitación ordinaria, para a adquisición de equipos de soro (expediente 22/1998); adquisición de cueiros, compresas e empapadores (expediente 23/1998); adquisición de guantes de varios tipos (expediente 24/1998), para este complexo hospitalario.

A Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Xeral-Cíes de Vigo, en virtude das atribucións que

lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7 da orde da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais do 22 de maio de 1996 (DOG número 111, do 6 de xuño) convoca os seguintes concursos:

Expediente 22/1998.

1. Obxecto: adquisición de equipos de soro.

2. Orzamento: 29.415.260 ptas., IVE incluído.

Expediente 23/1998.

1. Obxecto: adquisición de cueiros, compresas e empapadores.

2. Orzamento: 17.828.600 ptas., IVE incluído.

Expediente 24/1998.

1. Obxecto: aquisición de guantes de varios tipos.

2. Orzamento: 21.434.100 ptas IVE incluído.

3. Prazo de execución: inmediato desde a data da formalización do contrato.

4. Admisión de variantes: admitirase como máximo unha variante.

5. Garantía provisional: 2% do orzamento de licitación de cada un dos lotes ós que se licite.

6. Forma de adxudicación: concurso público, procedemento aberto e tramitación ordinaria.

7. Clasificación: non se esixe.

8. Solvencia económica e financeira: acreditarase por calquera dos medios previstos no artigo 16 da Lei de contratos das administracións públicas (Lei 13/1995, do 18 de maio, BOE número 119, do 19 de maio).

9. Solvencia técnica: acreditarase por calquera dos medios previstos no artigo 18 da Lei 13/1995 do 18 de maio, de contratos das administracións públicas (BOE número 119, do 19 de maio).

10. Criterios de adxudicación:

Prezo: ata 5 puntos.

Calidade: ata 3 puntos.

Valoración técnica: ata 2 puntos.

11. Documentación: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria pódense solicitar no Servicio de Subministración do Complexo Hospitalario Xeral-Cíes, rúa Pizarro, 22-36204 Vigo, en días laborables desde as 9 ata as 14 horas. Teléfono (986) 81 60 23 e fax (986) 81 60 65.

12. Prazo de presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, no rexistro xeral do Complexo Hospitalario Xeral-Cíes, antes das 14 horas do vexésimo sexto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou por correo na forma indicada no artigo 100 do RXCE.

13. Documentación que deben presenta-los licitadores: presentarán en sobre pechado e asinado polo licitador a solicitude para particpar, así como a documentación persoal a referencias técnicas, descritas no PCAP.

14. Aperturas de proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas do Hospital Xeral ás 8.30 horas do décimo primeiro día natural contado a partir do seguinte a aquel en que remate o prazo de presentación de ofertas, no caso de que coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar no día hábil seguinte.

15. Anuncios: o importe do anuncio dos presentes concursos públicos será por conta dos adxudicatorios dos contratos.

Vigo, 12 de marzo de 1998.

José Manuel González Álvarez

Director xerente do Complexo Hospitalario

Xeral-Cíes de Vigo

3404