Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Venres, 17 de abril de 1998 Páx. 4.019

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO (33/1997).

Anúnciase que a Comisión Municipal de Goberno, en sesión ordinaria celebrado o día 26 de marzo de 1998 adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

1. Declara-la urxencia do expediente por razóns de necesidade pública de carácter urbanístico e de tráfico, polo que se procede á expropiación forzosa ós titulares dos seguintes bens e dereitos:

BensDereito a expropiarTitularSuperficie en m

1Planta baixa da casa nº 4PropiedadeVenancio de la Torre Bardelas108,00 m

2Parcela de terreo da casa nº 4PropiedadeVenancio de la Torre Bardelas230,00 m

3Planta baixa da casa nº 2UsufructoMª Dolores Araújo Rodríguez101,25 m

4Planta baixa da casa nº 2ArrendamentoDigna Conde Rodríguez101,25 m

5Planta primeira da casa nº 2UsufructoMª Dolores Araújo Rodríguez101,25 m

6Parcela de terreo da casa nº 2UsufructoMª Dolores Araújo Rodríguez500,00 m

2. Expoñer ó público polo prazo de quince días, con anuncios no BOP, DOG, taboleiro de anuncios da corporación, así como nun xornal, de conformidade co previsto no artigo 19 da Lei de expropiación forzosa e 17 e 18 do Regulamento de expropiación forzosa, con notificación persoal ós interesados.

Esta resolución esgora a vía administrativa, polo que é potestativo a interposición do recurso contencioso-administrativo ante a xurisdicción competente no prazo de dous meses, que comezará a partir do día seguinte á presente publicación.

Non obstante o recurso indicado, poderá utilizar outros que así crese conveniente.

Este anuncio suple as circunstancias que puidesen concorrer no disposto na Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Ourense, 6 de abril de 1998.

Manuel Jaime Cabezas Enríquez

Alcalde

3385