Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Venres, 17 de abril de 1998 Páx. 4.019

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OLEIROS

ANUNCIO (FG-290).

Por resolución desta alcaldía nº 1162/1998, con data do 5 de marzo de 1998, acordouse aprobar definitivamente a delimitación do polígono único e fixación do sistema de composición, como o de actuación, sobre a área da U.E. 33, situada no Seixo-Liáns.

Contra este acordo que pon fin á vía administrativa, poderá interpor recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses a partir do día seguinte a aquel en que reciba a presente notificación. De interpoñelo, advírteselle que o artigo 110.3º da lei require a comunicación previa ó órgano que dictou o acto impugnado. Tamén poderá interpo-lo recurso extraordinario de revisión cando concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 118 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, polo que se aproba o réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, nos prazos establecidos no apartado 2º do mesmo artigo 118.

Todo isto, sen prexuízo do dereito dos interesados a formula-la solicitude e a instancia a que se refiren os artigos 102.1º e 105.2º da citada lei.

Oleiros, 18 de marzo de 1998.

Esther Pita Pita

Alcaldesa-presidenta

3388