Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Venres, 17 de abril de 1998 Páx. 4.015

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 30 de marzo de 1998, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e dos estatutos do Sindicato de Celadores de Galicia (SCG).

En cumprimento do disposto no artigo 4 da Lei orgánica 11/1985, do 2 de agosto, de liberdade sindical, e para os efectos previstos nel, faise público que, no correspondente servicio desta dirección xeral, foron depositados a acta de constitución e os estatutos do Sindicato de Celadores de Galicia (SCG) que ten os seguintes ámbitos:

Territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

Profesional: poderán pertencer ó devandito sindicato tódalas persoas que presten os seus servicios como celadores na Comunidade Autónoma galega.

Asinan a acta de constitución: Antonio Casal Fraga, e seis persoas máis.

Santiago de Compostela, 30 de marzo de 1998.

María José Cimadevila Cea

Directora xeral de Relacións Laborais

2896