Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Venres, 17 de abril de 1998 Páx. 4.015

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 30 de marzo de 1998, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai pública a modificación estaturaria do Sindicato Interino do Ensino Galego (SIEG).

En cumprimento do disposto no artigo 4 da Lei orgánica 11/1985, do 2 de agosto, de liberdade sindical, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral se presentou o día 23 de marzo acta de modificación de estatutos, expedida pola secretaria do referido sindicato, María José Patiño Montero, avalada co visto e prace do seu presidente, Jesús Piñeiro Vázquez, na que se reflicte o acordo acadado por unanimidade pola xunta directiva na reunión celebrada o 15 de xaneiro de 1998, e que se concreta no cambio de domicilio social do sindicato, que pasa a ser: praza de Luis Seoane, baixo nº 17, torre II, A Coruña.

Santiago de Compostela, 30 de marzo de 1998.

María José Cimadevila Cea

Directora xeral de Relacións Laborais

3181