Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Venres, 17 de abril de 1998 Páx. 3.974

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

RESOLUCIÓN do 9 de febreiro de 1998 pola que se inscribe a Asociación Jacobea de Málaga, no Rexistro de Entidades de Promoción do Camiño de Santiago.

Examinada a solicitude de inscrición no Rexistro de Entidades de Promoción do Camiño de Santiago, presentada pola Asociación Jacobea de Málaga, con data do 22 de xaneiro de 1998.

Visto o Decreto 224/1994, do 2 de xuño, polo que se crea o referido rexistro.

Visto igualmente o informe da Xerencia de Promoción do Camiño de Santiago, emitido de acordo co artigo 3.

Considerando que a solicitude presentada cumpre as normas establecidas no decreto de referencia,

RESOLVO:

Que a Asociación Jacobea de Málaga quede inscrita no Rexistro de Entidades de Promoción do Camiño de Santiago co número 082.

Santiago de Compostela, 9 de febreiro de 1998.

Andrés González Murga

Secretario xeral da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo

2915