Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Venres, 17 de abril de 1998 Páx. 3.973

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 24 de marzo de 1998 pola que se fai pública a validación de cursos de especialización en lingua galega.

A Orde do 26 de novembro de 1993 (Diario Oficial de Galicia do 23-12-1993), no se artigo 2, establece que se lles validará o curso de especialización en lingua galega ós licenciados en filoloxía e ós diplomados en EXB polas escolas universitarias de formación do profesorado de EXB, que posúan os certificados do ciclo elemental e do ciclo superior de galego das escolas oficiais de idiomas.

Por iso,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Concedérlle-la validación do curso de especialización en lingua galega ás seguintes persoas, as cales reúnen os requisitos establecidos polo artigo 2 da Orde do 22 de novembro de 1993:

Alvite Iglesias, Áurea.

Barral Bascoy, María Jesús.

Fernández Álvarez, Concepción.

Roo Casal, Sandra María.

Artigo 2º

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria expedirálle-los correspondentes diplomas.

Disposición derradeira

Facúltase a Dirección Xeral de Política Lingüística da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria para dicta-las instruccións necesarias para o desenvolvemento desta orde.

Santiago de Compostela, 24 de marzo de 1998.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

2916