Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Mércores, 15 de abril de 1998 Páx. 3.904

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

INSTITUTO MUNICIPAL DE DEPORTES DE PONTEVEDRA

RESOLUCIÓN do 9 de marzo de 1998 pola que se anuncia a licitación para a contratación, mediante concurso, da limpeza das instalacións do pavillón municipal de deportes da Xunqueira.

1. Entidade adxudicadora: Instituto Municipal de Deportes de Pontevedra, rúa Juan Manuel Pintos s/n, 36071 Pontevedra.

a) Órgano de contratación: Xunta Rectora.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría do IMD.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: contratación do servicio de limpeza das instalacións do pavillón municipal dos deportes da Xunqueira.

b) Duración do contrato: dous (2) anos, prorrogables conforme ó prego.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación anual: cinco millóns de pesetas (5.000.000) anuais.

5. Garantías:

a) Provisional: 100.000 ptas.

b) Definitiva: 240.000 ptas.

6. Obtención de documentación e información:

a) Lugar: Secretaría do Instituto Municipal de Deportes de Pontevedra, rúa Juan Manuel Pintos, s/n Pontevedra 36071, teléfono: (986) 87 20 12.

b) Data límite de obtención de documentos e información: vinteseis (26) días naturais contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

7. Presentación das ofertas:

a) Data límite de presentación: vinteseis días naturais contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que se presentará: cláusula 11ª do prego.

c)Lugar da presentación: Rexistro do Instituto Municipal de Deportes de Pontevedra, de 9 a 13 e de 17 a 19 horas.

8. Apertura das ofertas: será realizada pola mesa de contratación o quinto día hábil seguinte ó do remate do prazo sinalado para a presentación das ofertas, ás 12 horas na Sala de Xuntas do Concello de Pontevedra.

9. Criterios de selección: os criterios que servirán de base para a adxudicación serán os seguintes:

a) Número de personas na prestación do servicio, ata 40 puntos.

b) Menor prezo ofertado: ata 30 puntos.

c) Mellora na prestación do servicio: ata 20 puntos.

d) Máis experiencia na prestación de servicios deste tipo: ata 10 puntos.

10. Gastos: serán pola conta do adxudicatario os seguintes gastos:

a) Os dos anunincos que xere o concurso e os seus actos preparatorios.

b) os tributos estatais, autonómicos e municipais que deriven do contrato, incluído o IVE.

c) Os de formalización do contrato de adxudicación en documento administrativo de conformidade coa ordenanza fiscal da taxa.

11. Exposición do prego: o prego único de prescricións e de cláusulas administrativas particulares exporase para reclamacións ou observacións durante os oito (8) días primeiros da publicación.

Pontevedra, 9 de marzo de 1998.

Fernando Gago Ruibal

Presidente

Adolfo Castro Pérez

Secretario