Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Mércores, 15 de abril de 1998 Páx. 3.903

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

INSTITUTO MUNICIPAL CORUÑA ESPECTÁCULOS

ANUNCIO de concurso para a contratación do servicio da organización dos festexos taurinos con motivo das festas María Pita durante os anos 1998 e 1999.

O Consello de Administración do Instituto Municipal Coruña Espectáculos (IMCE), en sesión cele

brada o día 20 de febreiro de 1998, acordou optar polo sistema de concurso con procedemento aberto para o Servicio da Organización de Festexos Taurinos con motivo das festas María Pita durante os anos 1998 e 1999, aprobando para o efecto o prego de condicións administrativas particulares que o rexerá sendo este ratificado en Pleno Municipal do 9 de marzo, e quedando exposto ó público nas oficinas do IMCE, durante o prazo de oito días hábiles que determina o artigo 122 do Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril.

Asemade, e para o caso de que non se presenten reclamacións contra el, anúnciase a licitación, consonte as seguintes condicións:

Obxecto: é obxecto deste concurso a adxudicación o mellor proxecto, con garantías de realización, para a explotación dos espectáculos taurinos que se celebrarán durante as festas María Pita 1998 e 1999.

Orzamento: o prezo máximo do contrato será de 19.000.000 de pesetas anuais (IVE incluído), cantidade que será aumentada anualmente segundo o IPC. Os licitadores poderán optar á totalidade da duración do contrato ou por anualidades e o prezo total ofertado estará en función das anualidades que se liciten.

Garantías: para optar ó concurso deberá constituírse previamente, por calquera dos medios que autoriza a Lei de contratos das administracións públicas unha fianza provisional que estará en función das anualidades ofertadas a razón de 2.500.000 pesetas por anualidade.

Modelo de proposicións: as proposicións presentaranse en dous sobres: sobre A «Documentación administrativa», e sobre B «Oferta económica, documentación técnica e memoria do servicio», axustándose este último ó seguinte modelo:

«Don/Dona... con domicilio en... rua... número... provisto do DNI número..., en nome propio (ou en representación de...), informado do anuncio para contratar polo sistema de concurso o Servicio da Organización dos Festexos Taurinos con motivo das festas María Pita 1998 e 1999, así como do prego de condicións regulador da licitación, o contido do cal acepto integramente e me comprometo a acatar, formulo proposición optando á súa adxudicación de acordo coas seguintes condicións económicas:

En proba de aceptación de tales compromisos deixo asegurada esta proposición co depósito previo esixido, como xustifico co anexo resgardo.

Data e sinatura do propoñente».

Presentación de proposicións: presentaranse en sobres cerrados no rexistro xeral de Entrada do Instituto Municipal Coruña Espectáculos (Avda. Alfonso Molina s/n, edificio Coliseum), en man ou por correo, no prazo de vinteseis días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación do anuncio do concurso no Diario Oficial de Galicia, en horas de nove a trece. No caso de resultar sábado, domingo

ou festivo, o día da finalización deste prazo, quedará este automaticamente prorrogado ata o primeiro día hábil seguinte.

Prego de condicións: poderá ser examinado e retirada copia nas oficinas do Instituto Municipal Coruña Espectáculos.

A Coruña, 10 de marzo de 1998.

O presidente

Rubricado

2461